Na Aula Pirata, para ir arrancando motores fixemos unhas máscaras moi chulas cos pequerrechiños/as
Tamén fixemos unhas pantasmas reciclando material, que con calquera cousa que teñamos por casa podemos facer cousas medoñas.
Como nos gustan as pantasmas, colgamos algunhas do teito a ver se cando entren as mamás e os papás se levan un susto.
Fixemos unha árbore e unha lua e colgamos delas morcegos, cabaciñas,momias e moitas cousas mais. Nos intentamos que desen moito medo, pero teñen todos unha cara de simpáticos que creemos que non o conseguimos. Vos qué opinades?
O esquelete e a Aula Pirata din: Ata a próxima amigas e amigos!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario