lunes, 9 de julio de 2018

Mañá imos á piscina !!



Bo día familias!, esta semana,e só esta semana, cambiamos o día da piscina.
Por mor de predicción de mal tempo para o mércores 11, en lugar dese día iremos a piscina mañá martes 10. Lembrade que o horario de entrada é a partires das 8:00 da mañá e que cada neno/a terá que traer un euro para poder entrar nas instalacións.

Un saúdo a todos/as



viernes, 6 de julio de 2018

Como molan as mañás na Aula

Cómo levades a semana queridas familias. Nos estamos que non paramos con tanta actividade así que aquí tedes unha mostra de todo o que fixemos:
Unhas peonzas super molonas que xiran e xiran sen parar.


Os/as maiores fixemos un colar con revistas. Pero antes de comezar, cotilleamos a vida dos famosos porque temos unha vea periodística.


A mover o esquelete, e para eso tivemos sesión de just dance e batalla de baile, no que nos retamos a ver cal é o/a mellor piratiña en bailar.



Aínda non temos carne de conducir pero fixemos uns coches descapotables para poder correr moito. Iso sí, témoslle seguro, non vaia ser....




Os pequerrechiños/as lemos un conto chamado "O Traxe de luces" no que un toureiro desfaise do seu traxe e faise amigo dos animais, e nunca mais volve tourear... Despois pintamos un touro e adornámolo con colorines porque son moi bos e presumidos.

 


Para coñecernos xogamos ao ovillo de la, no que temos que facer unha telaraña, que difícil foi desfacela pero o ben que o pasamos. Despois sacamos a vea artística e fixemos caricaturas dos/as nosos/as compis.

Gústanos moito xogar coas cousas da Aula, e agora mais que temos xoguetes novos. Despois subimos ao areeiro e recollemos unhas flores super chulas.






Esta semana tivemos unha visita moi especial. Veu o noso amigo Lito e trouxo unha morea de xogos tradicionais moi divertidos e desafiantes.























martes, 3 de julio de 2018

Piscina día 4 de xullo

Bo día familias,
Mañá 4 de xullo non iremos á piscina. Estade atentos o blog e facebook que se mellora para o venres iremos ese día.