Queridos e queridas piratas.....
Canto tempo sen subir entrada!!!!
Está semana comezamos ca economía de fichas para animar aos máis pequenos a portárse aínda mellor do que o fan habitualmente e, potenciar o bo comportamento na aula pirata pequenos/as.
Ao empezar o martes, esta semana había que conseguir todos os días puntiños azuís (sendo estes os máis mellores de todos os puntiños).
Os amarelos son reguleros e os vermellos, xa imaxinades.
Como podedes ver, a maioría tomaron o tema con moita seriedade e nós, encantadas.
O premio desta semana foi a pulseira do bo comportamento.
viernes, 1 de diciembre de 2017
lunes, 20 de noviembre de 2017
Ponte da Constitución
AVISO
ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
PARA O ACCESO Á “AULA CONCILIA
PONTE CONSTITUCIÓN” Día 7
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
Prazo de entrega: do 27 de novembro ao 1 de decembro.
Publicación das listas de admitidos: 4 decembro, no blog da aula.
Os usuari@s que xa utilizan o servizo só deberán inscribirse na aula, os
novos deberán presentar a seguinte documentación:
- Ficha
de inscrición debidamente cumprimentada (pincha aquí).
- Copia
do DNI do/a pai/nai solicitante.
- Copia
da tarxeta sanitaria d@ menor.
- Certificado/s
de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
- Vida
laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou
similar ) de ambos proxenitores.
5.1.
Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota
da Seguridade Social na que figure como autónomo.
6.
No caso de familias monoparentais: acreditación
correspondente.
- Certificado de
empadroamento no concello dalgún
dos proxenitores ou d@ nen@.
- Fotografía
de carné d@ menor (nen@s de 4º de
infantil).
Tfno. de
información 988 25 93 85
No Pereiro de Aguiar, 17 novembro de 2017
O alcalde
Eliseo Fernández Gómez
martes, 14 de noviembre de 2017
Recollidas das tardes
Queridos/as pais nais das tardes:
Para o bo desenvolvemento das recollidas das tardes (ás 17:00) por parte das monitoras queremos remarcar as seguintes normas:
- Ante calquera cambio de recollida é OBLIGATORIO avisar por mail (nin whatsapp, nin chamada, nin recados polos/as nenos/as), cun prazo mínimo de 24h.
- Os pais/nais que veñan a recoller aos nenos/as e estean esperando na porta, terán que PERSONARSE ante as monitoras para avisalas.
Seremos inflexibles ante estás dúas normas, queremos pedir perdón polos trastornos que isto vós poida causar, pero está resultando unha tarefa moi complicada recoller correctamente a todos/as nenos/as ao longo da semana. E para que non haxa máis perxudicados/as necesitamos organizarnos con antelación.
Moitas grazas a todos/as. Un saúdo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
