Queridos/as pais nais das tardes:
Para o bo desenvolvemento das recollidas das tardes (ás 17:00) por parte das monitoras queremos remarcar as seguintes normas:
- Ante calquera cambio de recollida é OBLIGATORIO avisar por mail (nin whatsapp, nin chamada, nin recados polos/as nenos/as), cun prazo mínimo de 24h.
- Os pais/nais que veñan a recoller aos nenos/as e estean esperando na porta, terán que PERSONARSE ante as monitoras para avisalas.
Seremos inflexibles ante estás dúas normas, queremos pedir perdón polos trastornos que isto vós poida causar, pero está resultando unha tarefa moi complicada recoller correctamente a todos/as nenos/as ao longo da semana. E para que non haxa máis perxudicados/as necesitamos organizarnos con antelación.
Moitas grazas a todos/as. Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario