viernes, 27 de enero de 2017

COUSIÑAS MAÑANEIRAS


Que ben o pasamos ás mañás auleiras!

CAIXAS DE CORES








CONTO: "OS TRES BANDIDOS"




PEQUENOS ARTISTAS










viernes, 20 de enero de 2017

Pintura máxica

Este martes pola mañá fixemos maxia con fariña, sal e auga.......somos os piratas magos.
Primeiro coloreamos un debuxiño moi bonito e despois fixemos a pintura máxica que infla e queda gordiña.....
E con esa pintura, fixemos os detalles do noso debuxo!!! E asi de bunitos, bunitísimos quedaron.....














miércoles, 18 de enero de 2017

Unha chea de cousas

Nestes días frios de inverno lemos o conto "A caixa do tesouro" no que o máis importante nesta vida é querer moito e levarte moi ben coa túa familia. Despois cada piratiña díxonos que era para eles o seu gran tesouro.



Como son moi creativos fixeron unhas historias requetechulas despois de darlle 5 palabras: electrómetro, fundir, derrapar, escapar e escola (escolléronas eles ao chou). Pero menudas palabrexas lles tocaron.






E polas tardes tampouco nos aburrimos. Fixemos unha morea de xogos como "Todas a unha cor", ou a danza dos xornais.Son uns expertos danzarines!!!!!!!






Os lagartos no inverno están durmindo pero como nos gustan tanto fixemos uns con moitas ganas de coñecer a neve.




O noso barco pirata, farto de tanto frío, desembarcou na praia "Bencho", na que había toallas, barcos e ata tiburóns.


Como nos ameazaron con frio e neve dixemos todos/as que nos facía falta algo branco, e lemos o conto "O branco país sen neve" no que unha cerdeira pode cubrir os campos de branco. E pintamos a nosa propia cerdeira.