miércoles, 21 de mayo de 2014

VI Festival fin de curso da Aula Pirata

Ola:
Nosos ben queridos lectores e seguidores, temos o parcer de invitarvos a todos todiños ó noso Sexto Festival Fin de Curso!!!

Será o vindeiro día 28 do corrente mes, é dicir este mes de maio, ás 18:15 horas, onde sempre, no Salón de Actos aí, ó carón da Aula d'Abaixo.

E este ano, con qué diaños ímos sorprendervos??

Pois como dixeron por ahí:



Este ano viaxaremos por países marabillosos, subiremos e baixaremos  escaleiras e de tanto camiñar, acabaremos ESTOMBALLADOS!!!!!!

Xa sabedes para ver ese países e e quedar tan canso coas escaleiras que o único remedio sexa estomballarse, vinde a vernos!!


miércoles, 30 de abril de 2014

Información para o verán 2014



AVISO INFORMATIVO VERÁN 2014
         O Programa Concilia infórmavos de que o prazo para inscribir @s nenos/as PARA AS ACTIVIDADES DO VERÁN 2014 COMENZARÁ O 19 DE MAIO E REMATARÁ O 30 DE MAIO (ambos incluídos)
A partir dese día, poderán achegar a inscrición, xunto coa documentación que se describe a continuación, na aula d’Abaixo ou por medio do correo electrónico.
·        A ficha de inscrición do Verán 2014 .
·        Declaración xurada de estar empadroado no Concello de Pereiro de Aguiar.
·        Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos Pais/nais nos meses do verán.
-       Os autónomos terán que cubrir unha declaración xurada indicando o seu horario.
-       A condición de familia monoparental acreditarase mediante a fotocopia da sentenza de separación, divorcio, nulidade ou medidas paterno-filiais.
*Esta documentación deberá ser presentada por TODOS/AS.
A ficha de inscrición, declaración xurada do empadroamento e a declaración xurada para os autónomos deberanse solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula d’Abaixo.
IMPORTANTE: Só se recollen instancias completas e dentro do prazo.
Moitas grazas, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
         Servizo Concilia do Concello de O Pereiro de Aguiar
30 DE Abril de 2014

miércoles, 23 de abril de 2014

O coello de Pascua xa marchou...

Ola a todxs: Esta é unha recopilación das mellores imaxes tomadas polo nosos móbiles, das actividades que fixeron os rapaces e rapazas da Aula Pirata.

Fixeron bombas de semente e o día seguinte as lanzaron por tódolos xardíns da escola para ver se logramos que sexan máis bonitiños.
 Tamén organizamos unha búsqueda dos ovos de pascua que o coello perdera na escola. Para ir ben preparados amañaron a súa propia cesta con foam. Despois de de atopalos os comeron con moitas ganas.


 
Con moitas, moitas!!



 Finalmente para rematar as actividades os rapaces e rapazas maiores escribiron e ilustraron o seu propio conto, "A princesa Capisura salva a súa nai". Unha vez rematado léronllo aos máis pequenos.