A partir de hoxe queda aberto o prazo para inscribirse nas actividades de Semana Santa 2015
Podedes descargar a info e a folla de inscrición neste enlace . Para calquera dúbida estaremos na Aula esperándovos.
Saúdos piratiles !!!!!
Queridos pais e nais:
O Programa Concilia
infórmavos de que o prazo para inscribir @s nen@s PARA AS ACTIVIDADES DE SEMANA SANTA (30, 31 de Marzo e 1 e 6 de Abril) comezará o 11 de MARZO e remata o 25 de MARZO.
A partir dese día, poderán entregar a inscrición, xunto coa documentación
que se describe a continuación, na aula d’Abaixo.
- A ficha de inscrición do SEMANA SANTA 2014-15 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
- Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.*(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2014-2015).
- Para os/as autónomos/as: Último recibo de autónomos pagado no que figure nome e data.*(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2014-2015)
- Certificado laboral de emprego actualizado. *(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2014-2015)
Moitas grazas, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
11 DE MARZO de 2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario