Primeiro que nada, empezamos a mañá ben cedo...Entrounos un momento inspiración e con cachivaches que fumos atopando polo barco (selos que fixeramos para outras manulidades, azúcar, arroz, esponxas, pinturas diluidas...), montamos nun tris tras un precioso mural para decorar o camarote do capitán.
Aqui podedes ver como a pirata Paula pinta con pintura diluida sobre azucre. Asi creamos un cuadro con texturas e cores diferentes.
Mirade mirade, vedes como queda?
E os gurmetes Héctor e Felipe tamén axudaron...Cunhas esponxas en forma de nubes decoraron todo o ceo da nosa paisaxe
Pero mira como pinta os piratas da aula, pero mira como pintan....
E eiquí o resultado final! Que tal?
Pero a mañá non rematou eiqui. Non, non...
Mentres os máis maiores dos piratas entrenaban os seus reflexos con xogos:
Cortando, pegando
coloreando...
Et voilá! Un resultado estupendo para que os familiares que se atopan lonxe non boten de menos a estes piratas!
Pero señoras e señores...Non todo é traballar. tamén disfrutamos do tempo libre e dos xogos que por aí temos gardados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario