viernes, 24 de enero de 2014

Matemáticas divertidas e xogando en igualdade!

Para empezar, os Monitxs, queremos disculparnos por esta ausencia, pero resulta que a nosa vella cámara (en realidade, ser era do Monito Modesto) morreu de morta morrida. Asi que andamos con serias dificultades para facer fotos xa que os noso móbiles non é que sexan marabillosos.
A nosa intención é seguir co blog para que todxs os papás e as mamás poidades ver o ben que o pasan os/as piratas, pero serán entradas moito máis puntuais. Sentímolo moito!

Quen dixo que as matemáticas eran aburridas?

Fai unhas semanas, subimos ao noso blog, un trebello trebelloso chamado a MATEMÁQUINA.
En principio, foi construida para lograr un achegamento aos números e para iniciarnos nas sumas. Pero, estás últimas semanas, algún piratas andaban a voltas cas decenas e as unidades...Aiiii!Que complicado se nos fixo as veces entender o que é iso das decenas e das unidades! Asi que, inventamos uns xogos novos con pompóns de cores, boliñas de madeira, un pouco de plastelina e outro tanto de foam e aló foi que aprendimos e entendimos algo mellor iso das decenas...Pouco a pouco, fumos engandido máis xogos matemáticos e, aí foi cando entrou á escea a matemáquina!



Xogando tamén aprendimos!


E agora, outra pregunta: Quen dixo que as bonecas eran para nenas e os cachivaches de mecánica eran para nenos?

Aí van dous fotos roubadas que demostran todo o contrario. Por certo, moitas gracias a esa mamá que nos trouxo tantos xoguetiños que os seus cativos xa non usaban e a nós nos fixeron tanta ilusión!



No hay comentarios:

Publicar un comentario