AVISO SEMANA SANTA 2026
PRESENTACIÓN
DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á AULA CONCILIA
30,31 de
marzo e 1, 6 de abril 2026
Poderán acceder a el aquelas
familias que, tendo fillos/as cursando actualmente 4º de Ed. Infantil ata 6º de
Ed. Primaria (nados entre o 2014 e 2022).
Inscrición: Do 9 ao o 16 de marzo,
poderase realizar presencialmente ou a través da sede electrónica. Deberán
presentar a solicitude e a documentación aquelas familias que non fixeran uso
do servizo durante este curso escolar no CEIP Ben Cho Shey. O resto das
familias só deberán presentar a folla de inscrición cuberta.
Aviso de admitidos: 18 de marzo.
Requisitos imprescindibles:
· Que
os proxenitores se atopen en situación de incompatibilidade horaria para o
coidado dos seus fillos/as.
·
Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a
estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR (só para solicitudes novas)
1. Solicitude cumprimentada e asinada (poderán
descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata)
2. Copia do DNI
do/a solicitante
3. Copia da
tarxeta sanitaria do neno/a.
4. Certificado/s
de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
5. Declaración
IRPF do ano 2024, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
6. Vida laboral
(ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de
ambos proxenitores.
● Os
Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na
que figure como autónomo.
7. No
caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario