jueves, 5 de diciembre de 2024

Inscricións para Nadal 24-25

 Bos días familias.



Achégase o Nadal e con el as festas e os días de vacacións asi que: hoxe comeza o plazo para anotarse na Aula Concilia de Nadal.

Deixamos toda a info aqui embaixo, asi como os enlaces para descargar a info e a solicitude que tendes que presentar cuberta. 

Que teñades un fermoso día.......


Información e aviso Nadal 24-25. (Para descargar)

Inscrición Nadal 24-25 (Solicitude para descargar)


AVISO NADAL 2024/2025

  PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á AULA CONCILIA

      NADAL 23, 26, 27, 30 de decembro e 2, 3, e 7 de xaneiro

Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as cursando actualmente 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria (nados entre o 2013 e 2021).

 

Inscrición: Do 5 de decembro ata o día 17 de decembro, poderase realizar presencialmente ou a través da sede electrónica. Deberán presentar a solicitude e a documentación aquelas familias que non fixeran uso do servizo durante este curso escolar no CEIP Ben Cho Shey. O resto das familias só deberán presentar a folla de inscrición cuberta.  

Publicación das listas de admitidos: 17 de decembro, no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com) e na páxina do Concello.

Requisitos imprescindibles:

 

  • Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibilidade horaria para o coidado dos seus fillos/as.

  • Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR (só para solicitudes novas)

 

  1. Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata)

  2. Copia do DNI do/a solicitante

  3. Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.

  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.

  5. Declaración IRPF do ano 2023, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).

  6. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.

  1. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.

  1. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.




No hay comentarios:

Publicar un comentario