Bo día familias¡¡¡¡
Esta semana aínda que foi mais curta do habitual, deunos tempo a facer un montón de cousas chulísimas. Entrade a velas¡¡¡
O luns estreamos o parque acuático de Monterrei. Como desfrutaron cos chorriños e xogos de auga¡¡
Aproveitando o día de pisci tamén tivemos varias visitas.
As nosas amigas de Sustinea viñeron a ensinarnos unha morea de animais de Galicia e fixemos uns marcapáxinas super molóns.
E tivemos a sorte toda do mundo de poder ver a unhas aves do Centro de Recuperación que nos trouxo Juan Gómez e a súa solta, para que poidan vivir no seu hábitat natural. Bubelas, mouchiños, gaivotas e uns patos....que preciosidade podelos ver e incluso tocar¡¡¡¡ somos uns privilexiados¡¡¡¡
Aprendemos a facer nudos mariñeiros 😎
A rá Ramona veu a visitarnos e contarnos un pouquiño da súa vida...e claro, era tan bonitiña que quixemos levar unha para a nosa casa....
E aínda que non o creades, nevou no Pereiro¡ bueno.....e se non nevou, a nós parecéunolo 😂😂
porque fixemos neve¡¡
Boa fin de semana¡¡ Vémonos o luns¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario