viernes, 14 de octubre de 2022

PONTE SAMAÍN 31 DE OUTUBRO

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á

“AULA CONCILIA”

 DÍA 31 DE OUTUBRO 2022

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais ou Sede Electrónica

Prazo de entrega: do 17 AO 25 DE OUTUBRO

Publicación das listas de admitidos: 26 de outubro, no blog da aula e outras redes sociais.

 

 Requisitos imprescindibles:

  • Ser pai/nai  traballador/a con fillos/as de 3 a 12 anos. Nenos e nenas nados entre o 2.011 e 2.019 (cursando actualmente 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria).

  • Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade horaria para o coidado dos seus fillos/as.

  • Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar.

 

Os usuari@s que xa utilizan o servizo só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:

  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.

  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.

  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.

  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.

  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.

5.1.    Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.

6.     No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

 

 

Tfno. de información 988 25 93 85/677838878

No Pereiro de Aguiar, 14 de outubro de 2022

O alcalde

Luis Menor Pérez


No hay comentarios:

Publicar un comentario