PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á AULA CONCILIA
NADAL 2021/2022 (días 22, 23, 27, 28, 29, 30, 3, 4, 5, 7)
Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as cursando actualmente 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria (nados entre o 2010 e 2018).
Inscrición: Do 29 de novembro ata o día 10 de decembro, poderase realizar presencialmente ou a través da sede electrónica. Só deberán presentar a solicitude aquelas familias que non fagan uso do servizo durante o curso escolar no CEIP Ben Cho Shei. O resto das familias chegará con avisar na Aula Concilia para anotar @s nen@s.
Publicación das listas de admitidos: 15 de decembro, no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).
Requisitos imprescindibles:
- Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade horaria para o coidado dos seus fillos/as.
- Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR (só para solicitudes novas)
- Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata)
- Copia do DNI do/a solicitante
- Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
- Declaración IRPF do ano 2020, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
- Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
- Declaración responsable con respecto ao Covid-19.
- No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
Debido a actual situación, relacionada co Covid-19, o número de prazas será limitado, seguindo as medidas de seguridade impostas pola Adminstración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario