E tamén cunha partidiña aos bolos...
E os maiores comezaron cunha intensa sesión de Brilé.
As tardes deron para moito, sobre todo para sacar o lado artístico destes cativos. A decoración destas perchas é digna duns auténticos artistas.
E como estaban inspirados seguiron pintando nuns lenzos pouco convencionais, pero non por elo menos fermosos 😍😍😍.
Tamén sacamos tempo para diseñar unhas etiquetas coas que identificamos máis sinxelamente as sillas que empregamos para traballar e para merendar 😋😋
Ata houbo quen se atreveu a empregar os zancos. Un auténtico valente 👌👌👌
E polas mañás tamén o dan todo facendo coreografías. A iso chámaselle ter enerxía nada máis comezar o día😁😁😁
E seguindo coa inspiración da batalla de follas, os mais cativos animáronse a pintar e decorar ao "SEÑOR OUTONO":
E con isto rematamos unha semana máis na Aula D`abaixo. Colleremos folgos para comezar unha semana moi especial... pois os magostos están ó caer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario