Boas tardes amigos e amigas,
Esta semana tivemos algo de vento, choiva, remuiños de aire... pero non nos quitaron as ganas de facer cousiñas e divertirnos.
Os mais pequerrechinos, que son moi madrugadores e lles gustan moito os animais, fixeron uns pitiños e unhas arañas moi terroríficas, porque xa se nos achega Samaín.
Os do salón de actos tiveron tempo de xogar ao tutifruti e ó lego, dous clásicos que lles encantan e que non pasan de moda (seguro que máis de algún papa e mamá tamén xogastes cando erades pequenos)
E atravéronse cuns morcegos, que tamén estaban pensados para asustar, pero saen tan agarimosos que en lugar de dar medo dan ganas de ir xogar con eles.
Esta semana tocou repaso no pavillón pois estes nenos/as estaban a tope de exames, e aínda que son todos e todas moi listos, hai que dar o derradeiro repasiño antes de facer o exame. Que nervios!!!!!! Seguro que aproban con notazas. 📖 📖
Xogaron ó tutifruti, ó beisbol., e aos intrusos e visitantes. O importante e facer algo de exercicio e pasalo ben cos seus compis. Da igual quen gañe, pois trátase de participar e divertirse.
Probamos sorte cunhas partidas de bingo, e non pensedes que se lles dan mal, non, non, algún ten unha sorte enooooorme, así que xa sabedes, que vos elixan un número de lotería que seguro vos facedes millonarios.
Tamén probamos sorte co xogo de adiviñar cancións. Non é que nós sexamos malas fotógrafas e por iso as fotos están movidas, é que os vosos/as fillos/as non paraban quietos nin un instantiño. E non fallaron ningunha, sabíanas todas.
De facer uns ourizos cacheiros, dos que pinchan moito pero a eles non lles facían nin chisca de dano.
E ata aquí esta semana, pasade boa finde e sentidiño.
❤ ❤ ❤ ❤ ❤
No hay comentarios:
Publicar un comentario