E para que vexades todo o que fixeron os novos grumetes do barco imos coller un catalexo e ensinarvos a semana pasada:
No pavillón pirata xogamos ó tutifruti e pintamos uns debuxos, sempre con separación e as máscaras postas....
E como algúns grumetes teñen que madrugar moito para coller este barco, e as colchonetas se prestan tanto, botaron unha sonequiña 🏨
Entre sono e sono deunos tempo de xogar un ratiño ó pano
Como hoxe comeza o outono, anticipámonos un pouco e saímos á Chaira a buscar piñas e ver se atopabamos algún ourizo do castiñeiro do cole (chegamos a conclusión que para encher o bandulliño de castañas temos que esperar uns días)
Pero como non todo é xogar e sair de ruta, tamén tivemos tempo de facer deberes, que aínda que non nos gusten demasiado, temos que facelos para chegar a ser uns grandes piratas dos mares do Sur.
E ata aquí a entrega desta semana, seguide atentos e atentas ás novas aventuras que nos deparará o futuro destes piratiñas.
❤❤❤❤
No hay comentarios:
Publicar un comentario