lunes, 10 de febrero de 2020

SEMANA DO 3 AO 7 DE FEBREIRO


Estamos a luns, pero non nos esquecemos de ensinarvos o que fixemos a semana pasada....

IMOS ALÓ¡¡¡


Xogaron ao FEITICEIRO, aproveitando o bo tempo. Cada nen@ é unha personaxe: bruxa, anano, gardabosques e teñen que atopar aos feiticeiros de cada equipo.
Como lles gusta¡¡¡














Tamén xogamos ás CANCIÓNS.  Cada equipo pensa un montón de cancións con diferentes temáticas: cancións que teñan un nome de persoa, unha cor, de nadal.....e gaña o que mais rápido as interprete. Hai que ter moita axilidade mental, pero os nosos rapaces teñen a moreas. 














Estamos xa na época do Entroido, e seguindo as tradicións, @s piratiñas estiveron facendo unhas OLAS con terracota. Eso si, primeiro estivemos vendo como se fan e que fan con elas unha vez feitas, pero nós non as imos romper¡ cada un/unha levará a súa para á casa de recordo dos bos oleiros que son.





















O de mover o esquelete é o seu, así que a RODA DE BAILE, é o xogo perfecto¡¡¡ Que ben o pasan¡¡¡













Como podemos pasar unha tarde superdivertida? pois xogando un partidiño de BRILÉ.

























Un pouquiño de JUST DANCE para entrar en calor, antes de empezar o cole pola mañá...











O venres para rematar a semana as monitoras fixemos unha pequena festiña para agradecer a estes/as nenos/as que sexan tan agarimosos e bos con nós.
Entre chuche e chuche deunos tempo tamén a xogar ao XOGO DAS CADEIRAS. Quen gañou? pois a verdade é que daba un pouco igual...o importante é pasalo ben¡¡¡¡






















E rematamos¡¡¡ a semana que ven..... MÁIS E MELLOR¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario