E o resultado:
Xa queda pouco para o Nadal, así que esta semana comezamos a adornar a aula. Vale, igual somo os últimos en colocar a decoración, pero tampouco iamos facer como nas tendas que está o turrón xa dende o mes de outubro, jeje. Fixemos uns bonecos de neve, árbores e Papá Noel de plastilina.Como nos gusta modelar e mezclar cores.
Ademáis fixemos unhas botas para colgar na aula, cada un ten a súa para non pelexar. Algodón, vai, algodón ven; lazos e estreliñas... todo sirve para decorar.
Mirade que bonitiñas nos quedaron.
Tamén fixemos uns agasallos con cartolina, cada un decorou un lado do cubo, recortamos e pegamos. Xa lle gustaría a Papa Noel levar uns envoltorios tan feitiños coma estes.
E fixemos unhas postais do Grinch. Resulta que a man do Grich está collendo a nosa cara, que está dentro dunha bola e chea de purpurina. Somos un peligro cando nos deixan libres coa purpurina.
Isto é todo amigos e amigas. Ide escribindo a vosa carta, a nós danos igual que sexa ó Apalpador, ó Papá Noel ou aos Reis Magos., pero non nos sexades trampulleiros que só se pode escribir a un, non vale aos tres.
Saudiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario