Comezamos a semana con moitas ganas de traballar e facer cousas. Na cabeciña dos piratiñas prendeu unha idea dun proxecto moi creativo: un teatriño para a nosa Aula.
Puxémonos mans a obra e empezamos a dar forma a nosa idea, pero non vos despeguedes do voso ordenador porque seguimos traballando....
Pero o máis interesante da semana ainda estaba por chegar, unha das datas máis importantes para os nenos, O Día Universal do Neno.
A ONU celebra devandito día o 20 de novembro, en conmemoración á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e da Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989.
Nós quixemos celebrar este día lembrando os dereitos que teñen todolos nenos do mundo , e a necesidade de protexelos e coidalos.
Se vos queredes saber cales son premede aquí
Pero non pensedes que todo é traballar, entre manualidade e manualidade, conto e conto, e xogo e xogo, os piratiñas tamén tivemos tempo para xogar ó que máis nos gusta: o xogo do Catan, a cociniña, afundir a flota 3D, o Playdoh, colorear debuxos, e moitos xogos máis
E para rematar ben a semana, organizamos un orixinal pintacaras a cegas, no que todos os nenos tiñan que maquillar ós seu compañeiro, pero con unha dificultade, cos ollos tapados!.
Ata a próxima!! 🙋
No hay comentarios:
Publicar un comentario