Repartimos uns libros dos Bolechas, que nos explican que é moi importante saber reciclar, e tirar o lixo en cada un dos contedores.
Polas mañás xogamos cos nosos amigos e amigas ó que máis nos gusta: bunchems, area cinética, bolos.... nunca nos aburrimos de xogar... por qué será.
O noso piratiña Breogán leunos o conto " La ovejita que viño a cenar", no que descubrimos que o lobo non sempre se ten que comer á ovella. Se non lestes este libro, nos recomendámosvolo.
Como se achega o Samaín, fixemos uns morcegos moi terroríficos, que ata podían sair voando porque movían as súas ás.
Cando os papis e mamis veñen con presa, pero os piratiñas non se queren ir ata rematar a súa manualidade, traballa todo o mundo para chegar a tempo.
Para mover un pouco o esquelete, xogamos ó tres en raia con persoas, no que teñen que ser eles os que movan as fichas por relevos.
Tamén xogamos a encesta o aro, e como temos moita puntería, sacamos unha punturación de medalla de ouro.
As merendas da tarde son moi molonas, porque todos traemos cousiñas distintas, e aprendemos que para merendar hai que estar sentado, e o rematar tiramos os nosos desperdicios ó lixo.
Bailamos a ritmo do Just Dance, que o principio son un pouco tímidos pero en seguidiña se emocionan.
E para rematar a semana relaxados fomos ó Pavillón para unha clase de Tai Chi. Comezamos cun saúdo "taichinés", inhalamos e exhalamos, abrazamos unha árbore. Seguro que esta noite van durmir coma anxeliños.
Boa fin de semana e preparádevos para Samaín!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario