Bos días auler@s!!!!!!!!!!!!!!
Unha semana máis deixámosvos as fotos de todas as actividades que fixemos!!!
Comezamos co gran xogo do castelo, no que superamos un montón de probas para así conseguir a todas as personaxes agochadas.
Para relaxarnos despois de unha xornada de xogos e manualidades, que mellor que facer un pouco de ioga!!! xa somos grandes profesionais!!!
Pintamos unha fermosa bolboreta chea de cores!!! o que nos gusta a nós unha témpera....!!!
@s piratas maiores fixeron unhas pulseiras para ir á moda!!! que presumidos nos son!!! jajajaja
Pero non pensedes que a cousa quedou aí....ademáis das pulseiras fixeron unhas pelotas saltarinas con globos!!! non sabemos si lles gustou máis facelas ou xogar con elas!!!! podedes ver o vídeo de como se divertiron no noso facebook!
E que decir da nosa plastilina caseira....pasámolo pipa amasando e póndolle ese toque de cor a esta semana tan chuviosa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario