AVISO
AULA
CONCILIA
CURSO
2019/2020
Número de prazas ofertadas: 70 (quenda de mañá ) 50 (quenda de tarde).
Lugar de
entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais ou pola sede
electrónica.
Os usuarios que desexen presentar a súa solicitude a través da sede
electrónica poderán facelo dende as 9:00 h. do 1 de agosto ata as 14:30 h. o 16
de agosto de 2019.
Prazo de entrega das solicitudes: do 1 ao 16 de agosto (ambos
incluídos).
Publicación das listas de admitidos por orde de inscrición: 29 de agosto, na
páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e no blog da aula
(piratasdaauladabaixo.blogspot.com).
Prazo de subsanación de erros: do 30 de agosto ao 4 de setembro (ambos
incluídos).
Publicación das listas definitivas: 6 de setembro na páxina web do concello
(www.concellopereiro.com) e no blog da aula
(piratasdaauladabaixo.blogspot.com).
Requisitos:
- Estar
empadroado/a no Concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor).
- Ser pai/nai
traballador/a con incompatibilidade horaria para o coidado dos/as fillos/as.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Ficha de inscrición debidamente cumprimentada. (Para descargala pinchar aquí)
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
- Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous
proxenitores.
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en
activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.
Os Autónomos: Recibo do último
mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
6. No caso de
familias monoparentais: acreditación correspondente.
- Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.
Non será
necesario presentar aqueles documentos que non teñan experimentado variación
respecto do ano anterior, e que xa estean en poder deste concello. Non obstante
os referidos aos puntos 1, 4 e 5 deberán xuntarse obrigatoriamente.
Tfnos. de
información 988 25 93 85 / 633120494.
No hay comentarios:
Publicar un comentario