CONCILIA VERÁN 2019
·
Número de prazas ofertadas: 60
·
Prazo de entrega das solicitudes: do 21 de maio ao 4 de xuño (ambos incluídos).
·
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas
Municipais.
·
Os usuarios que desexen presentar a súa solicitude a través
da sede electrónica poderán facelo dende as 9:00 h. do 21 de maio ata as 14:30
h. do 4 de xuño de 2019.
·
Publicación das listas provisionais de admitidos por orde
de inscrición: 7 de xuño, no blogue
da aula e na páxina web do concello.
·
Prazo de subsanación de erros: do 10 ao 11 de xuño (ambos incluídos). Publicación das listas
definitivas: 14 de xuño.
REQUISITOS:
- Estar empadroados no concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor).
- Estar empadroados no concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor).
-
Ser pai/nai, titor/a traballador/a con incompatibilidade
horaria para o coidado dos/as fillos/as.
- Idade dos/as nenos/as participantes: ter cumpridos os 3
anos e estar escolarizado/a no curso 2018-2019, ter 12 anos e estar cursando 6º
de primaria no 2018-2019.
DOCUMENTACIÓN
A PRESENTAR
1.
Ficha de inscrición debidamente cumprimentada. (para descargala pinchar aquí)
2.
Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
3.
Copia da tarxeta sanitaria do/da menor.
4.
Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario
laboral dos dous proxenitores.
5.
Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da
situación en activo, ou similar) de ambos proxenitores.
5.1.
Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota
da Seguridade Social na que figure como autónomo.
6.
No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
7.
Fotografía de carné do/da menor que utilice por primeira
vez o servizo.
Non será necesario presentar aqueles documentos que non
teñan experimentado variación respecto do ano anterior, e que xa estean en
poder desta administración. Non obstante, os referidos aos puntos 1, 4 e 5
deberán xuntarse obrigatoriamente.
Tfnos. de
información 988 25 93 85 / 633120494.
No Pereiro de Aguiar, 16 de maio de 2019
O alcalde, Eliseo Fernández Gómez
No hay comentarios:
Publicar un comentario