Un coelliño con oveiras e pompóns, e algún ata lle puxo nome a súa nova mascota, pero non vos preocupedes que non lle tendes que dar de comer.
Pintamos ovos de verdade, e non escachamos ningún. E non pensedes que era doado, que artistas somos.
Como a ratos chovía, e a ratos non, tivemos tempo de xogar no patio e na aula.
Xa chega a primavera, así que imos deixar atrás a neve e o frío e dámoslle a benvida as flores e os paxariños. Xa vos ensinaremos como remata esta manualidade, pois tamén axudarán os que veñen durante o curso.
Que día tan soleado tivemos o mércores, así que zapatillas cómodas, merenda na mochila, e botámonos ó monte, como os coelliños de pascua.
Como somos tan golosos e golosas, encántannos os ovos de chocolate, así que atopamos todos os que estaban agochados. Que ricoooooooos!!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario