miércoles, 16 de mayo de 2018

Aviso!!!



AVISO INFORMATIVO VERÁN 2018



                  


Número de prazas ofertadas: 60

Prazo de entrega das solicitudes: do 22 de maio ao 5 de xuño (ambos incluídos).

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.

Os usuarios que desexen presentar a súa solicitude a través da sede electrónica poderán facelo dende as 9:00 h. do 22 de maio ata as 14:30 h. do 5 de xuño de 2018.

Publicación das listas de admitidos por orde de inscrición: 12 de xuño, no blogue da aula e na páxina web do concello.

Prazo de subsanación de erros: do 13 ao 14 de xuño (ambos incluídos).
Publicación das listas definitivas: 18 de xuño.

Requisitos:

  •        Estar empadroados no concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor).

  •        Ser pai/nai, titor/a traballador/a con incompatibilidade horaria para o coidado dos/as fillos/as.

  •     Idade dos/as nenos/as participantes: ter cumpridos os 3 anos e estar escolarizado/a no curso 2017-2018, ter 12 anos e estar cursando 6º de primaria no 2017-2018.


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada(pincha aquí)
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
6.    No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  1. Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.

Non será necesario presentar aqueles documentos que non teñan experimentado variación respecto do ano anterior, e que xa estean en poder desta administración. Non obstante os referidos aos puntos 1, 4 e 5 deberán xuntarse obrigatoriamente.

Tfnos. de información 988 25 93 85 / 633120494.

No Pereiro de Aguiar, 14 de maio de 2018
O alcalde, Eliseo Fernández Gómez  

No hay comentarios:

Publicar un comentario