martes, 3 de abril de 2018

Semana Santa 2018

Bos días, familias. Esta semana santa non paramos de facer cousas, así que non nos aburrimos nadiña de nada. Fixemos un circuito con varias probas, pero o importante é participar e non gañar.


Lemos o conto Sacapenas e aprendemos que se temos unha pena ou medo contámosllo o noso amigo sacapenas e metémolo debaixo da almofada. A mañá seguinte estaremos FELICES.


Como somos moi intrépidos saimos á Chaira a recoller follas e pauciños e investigar se atopamos algún animaliño. 




Coas piñas que atopamos e como xa estamos na primavera  fixemos unhas bolboretas que non vexades como voaban.



E os mais pequerechiños/as construiron un ourizo coas follas da Chaira. Pero estes non pinchan eh!!!!!


 Non creades que todo é traballar. Tivemos tempo de xogar cos nosos amigos/as.





 Veu o coelliño de Pascua e escondeu no pavillón unha chea de oviños de chocolate que os nosos/as piratiñas tiveron que atopar. Busca por aquí, busca por alá.... e apareceron todos. Que ricos estaban.






1 comentario: