lunes, 18 de diciembre de 2017

Tardes tardiñas!!!!!

Polas tardes temos estado moi ocupados, pois como nos pareceu que ía pouco aire e vento, decidimos construir a nosa árbore con follas de verdade e soprar, e soprar ata as follas derribar. Non sei se nos pasariamos, credes que a borrasca Ana foi cousa nosa?????





Descubrimos unha forma chulisísima de ler contos: o Kamishibai. Resulta que cunha casiña de madeira podemos contar as historias mais alucinantes.


E despois de tanto e tanto traballar cómpre un descansiño .... que ben senta un pouquiño de relaxación, poñémonos boca arriba, agora boca abaixo, logo levantamos as mans, e de seguido facemos unha figuriña, qué risas!!! que divertido é!!!



E despois da relaxación, faremos contorsión. Así repasamos as cores e de paso distinguimos a dereita e a esquerda que algún/ha ten algunha confusión.





No hay comentarios:

Publicar un comentario