lunes, 31 de julio de 2017

Prazo de Inscripción Curso 2017/2018




AULA CONCILIA
 CURSO  2017/2018
Número de prazas ofertadas: 60 (quenda de mañá ) 25 (quenda de tarde).
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
Os usuarios que desexen presentar a súa solicitude a través da sede electrónica poderán facelo dende as 9:00 h. do 7 de agosto ata as 14:30 h. do 17 de agosto de 2017.
Prazo de entrega das solicictudes: do 7 ao 17 de agosto (ambos incluídos).
Publicación das listas de admitidos por orde de inscrición: 31 de agosto, no blog da aula e na páxina web do concello.
Prazo de subsanación de erros: do 1 ao 4 de setembro (ambos incluídos).
Publicación das listas definitivas: 6 de setembro.
Requisitos:
-       Estar empadroados no concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor).
-       Ser pai/nai traballador/a con incompatibilidade horaria para o coidado dos/as fillos/as.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
6.    No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  1. Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.

Tfnos. de información 988 25 93 85 / 633120494.

No Pereiro de Aguiar, 31de xullo de 2017
O alcalde
Eliseo Fernández Gómez




                                                
                                        





2 comentarios:

  1. Mi empresa cierra del 1 al 15, el plazo hasta el 17. Se puede presentar certificado más tarde?

    ResponderEliminar
  2. Como hago con el certificado de empresa si me cierra hasta el 16?

    ResponderEliminar