lunes, 31 de octubre de 2016

Preparándonos para Samaín.

Xa estamos de cheo no Samaín. E como o noso barco pirata necesitaba algo de cor, decidimos facer algunas cousiñas un pouco terroríficas:





Lemos o conto "A bruxa regañadentes" sobre una bruxa que tiña os dentes de ferro e quería comer nenos, pero os/as nosos/as piratiñas non tiveron medo porque o final o neno protagonista consigue vencela.


E fixemos maxia. Cunha cera branca que parecía que non pintaba nada descubrimos unha morea de debuxos con pintura azul. Arrea.... nin que fose cousa de bruxas!!!!!!!!!!






E polas tardes tamén traballamos coma mouchos (porque os mouchos traballan moito, verdade?)
Os/as piratiñas crearon esqueletos, cabazas bruxa, arañas...


Lucas, o capitán pirata dese día, leu o conto "A bruxa amorodo". Que bruxa máis boa, todos deberíamos ter unha así na casa.

Fixemos uns morcegos requetechulísimos que tiñamos que ter agarrados coas mans, por se nos fosen escapar.




E como non todo é traballar, tamén nos divertimos xogando ó Twister, que vaia flexibilidade teñen, parecen de goma.









No hay comentarios:

Publicar un comentario