viernes, 10 de junio de 2016

verán 2016

BANDO INFORMATIVO

ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á “AULA CONCILIA VERÁN 2016”
As solicitudes serán presentadas no Rexistro das Oficinas Municipais.
O prazo de entrega comezará o 14 de xuño e rematará o 16 de xuño.
As listas de admitidos, por orde de inscrición, serán publidadas o 20 de xuño no blog da aula .
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.

6. No caso de familias monoparentais: acreditación de familia monoparental/sentencia de separación ou divorcio.
7.    Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
8.    Fotografía de carné d@ menor  (nen@s de 4º de infantil).

As solicitudes incompletas non serán tidas en conta.
Tfno. de información 988 25 93 85
No Pereiro de Aguiar, 10 de xuño de 2016
O alcalde


Eliseo Fernández Gómez



Pinchando aquí tedes á folla de inscrición

4 comentarios:

  1. Ola para inscribir a dous irmáns habería que cubrir duas fichas?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, si, tendes que cubrir uunha ficha para cada un dos irmáns.Un saúdo

      Eliminar
  2. Bo día, cal é o horario da aula no verán? Gracias

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola. O horario do verán é de 7:30 a 14:30. A hora tope de entrada é as 9:45 e a de saída é a partir das 13:30. Un saudo.

      Eliminar