Como ós piratas nos gusta tanto soñar, lemos o conto "El domador de sueños", no que tiñamos que pescar estreliñas. Cada un soñou aquelo que máis lle gustaba e entre todos tiñamos que adiviñar quen o soñara.
Como as veces temos pesadelos, decidimos facer un atrapasoños para que os piratas durman toda a noite no seu barco sin medos nin temores.
E como somos moi presumidos, fixemos uns marcos de foto para que todo o mundo nos vexa
O xoves un super pirata fíxosenos maior, así que todos lle cantamos o Cumpleanos Feliz!!!
E polas mañás tamén fixemos cousiñas, pero como temos memoria de mosquito esquecémonos de quitar fotos. Aquí a nosa pirata léndolle un conto ó resto de piratiñas
No hay comentarios:
Publicar un comentario