Hoxe, ainda que non parou de chover en todo o día, os piratas tivemos un día moi animado. E pensando na primavera trompetera que se achega paseniño paseniño, os máis pequechos fixeron unha árbore verde e chea de froitas.
Mirade, mirade:
E os maiores adicáronse ó fermoso arte da costura para facer unhas pequenas marionetas perfectas para seus dedos, e xa están dispostos para a función, pasen e vean, donas e cabaleiros, A ghran historia dos dedos piratas!!
Pero tamén cosedes?? os piratas de hoxe en día facedes de todo, quedaron ben bonitas estas marionetas!
ResponderEliminarSi oh, temos que practicar, que si non despois de una gran tormenta na mar oceána, coas velas rachadas, a ver como voltamos a casa sen non as cosemos, ;)
ResponderEliminarQue ideas máis chulas. Eses piratas merecen unha ola, porque danlle a todo: a reciclaxe, a costura, os contos, o baile. Sodes uns artistas. Parabéns
ResponderEliminar