miércoles, 7 de diciembre de 2016

Tardes de fantasía

No magosto comemos castañas cos Pequenos Barbanzóns: Castañas con porco bravo.



Baixo a nosa  árbore dos libros, os piratiñas lemos aventuras de piratas, de princesas, de xigantes, de fadas,......que vos recomendamos que leades, pasarédelo en grande!!





Un deses libros que vos recomendamos e o conto Os Tres desexos, de OQO Editora.  
Pensastes algunha vez cantos soños collen en tres desexos, qué pediríades vos?......







Non imaxinades a de desexos que teñen os nosos piratiñas.
Pechamos os ollos, pensamos nese desexo especial e con todos eles fixemos un mural dos desexos.





......Seguro que entre os desexos dos nosos nenos está o de facerse pronto maior, e para que sigan o seu crecemento de forma divertida a proposta da semana foi facer un medidor, mirade que chulos nos quedaron!!!











martes, 29 de noviembre de 2016

Vacacións de Nadal 2016

Piratas e Piratos.....Abrimos o prazo para anotar aos cativos/as á Aula de Nadal 2016.

AVISO
ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á “AULA CONCILIA
NADAL  2016”
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
Prazo de entrega: do 1 ao 12 de decembro.
Publicación das listas de admitidos: 13 decembro, no blog da aula.
Prazo de subsanación de erros: do 14  ao 16 de decembro.
Os usuari@s que xa utilizan o servizo só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:
  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
6.    No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  1. Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
  2. Fotografía de carné d@ menor  (nen@s de 4º de infantil).
Tfno. de información 988 25 93 85
No Pereiro de Aguiar, 28 novembro de 2016
O alcalde

Eliseo Fernández Gómez

Podedes atopar a ficha de inscrición neste enlace

viernes, 25 de noviembre de 2016

Mannequin challenge contra a violencia de xénero

Esta mañá os nosos piratiñas uníronse ao fenómeno mannequin challenge para conmemorar o 25 de novembro, día internacional contra a violenia de xénero. Podedes ver o vídeo aquí.