viernes, 29 de abril de 2016

A vaca Marela e o cabalo Batuxo

Os nosos piratas son moi xeitosos co pico e a pala e non vexades que construccións fixeron. Estamos moi ilusionados co novo LEGO 






Pola mañá apetecíanos facer de escritores e cada grupo tiña que escribir o seu conto despois de coller 4 obxectos dun saco. Tedes uns piratiñas moi  creativos!!!!!!






O barco pirata atracou no mundo animal e aos piratiñas fíxolle moita ilusión ver a vaca Marela e o seu fillo, o cabalo Batuxo, os porquiños e o resto de animais. Papas piratas: que sepades que os vosos fillos querían levar todos para casa.










martes, 26 de abril de 2016

Que cousas fixemos!!!!


Esta semana vimos unha peli moi chula (Del Reves) que fala de Ledicia,  Medo, Ira, Asco e Tristeza, que son as emocións que todos temos. Nos preferimos a Ledicia. Con cal vos quedades vos?




Como os piratas ainda que teñamos pata de pau podemos bailar moi ben, decidimos marcarnos uns pasos e unhas coreografías moi complicadas.




Lemos un libro moi prohibitivo: "Lucinda e o Inspector Vinagre". Este inspector prohibía todo o que non lle gustaba (era moi cascarrabias) así que nos fixemos tamén o que non nos gusta. Prohibido: comer coas orellas, pensar coa barriga, camiñar polas paredes, respirar co embigo, ter portas....






lunes, 25 de abril de 2016

Ponte Letras Galegas

Piratas e piratillas, dende o día 26 de abril ata o día 9 de maio podedes anotarvos para a ponte do 16 de maio no seguinte enlace