miércoles, 20 de junio de 2012

Información Curso 2012-2013 Mañás


Queridos pais e nais:

         O Programa Concilia infórmaos de que o prazo para inscribir @s nen@s nas mañás do curso 2012-2013 será do 1 de setembro ó 11 de setembro de 2012.
         Para anotar ó nen@ é OBRIGATORIO  entregar na Aula D’abaixo:

·        A ficha de inscrición do curso 2012-13 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
·        Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.
·        Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos pais/nais.

*Con motivo do inicio dun novo curso escolar  tódolos nenos están obrigados a entregar esta documentación. (Só se recollen instancias completas).

jueves, 7 de junio de 2012

As Pousadeiras do Rei

A Aula d'abaixo  en colaboracion coa aula teatro estreou o pasado venres 1 de Xuño "AS POUSADEIRAS DO REI" cunha gran afluencia de público (tantos que casi non collemos).

Tocade aquí para ver algunhas fotos

Moitas gracias en nome dos nenos e no noso por asistir a gran estrea



miércoles, 6 de junio de 2012

AVISO:

Queridos papás e mamás dos nenos admitidos para o programa concilia verán 2012.
Si por algún motivo @s vos@s nen@s   NON van poder asistir nas quendas nas que están apuntadas pregamos que nos avisedes canto antes.

HAI MOITOS NENOS EN LISTA DE ESPERA

Moitas gracias, un saúdo.