martes, 24 de abril de 2012

Inscrición verán 2012

Queridas e queridos,

finalmente e tras moita espera, xa queda aberto o plazo de inscrición para este verán 2012
O barco pirata zarpa o próximo 25 de xuño ata o comenzo do novo curso escolar.

Para apuntarse tendes varias opcións:

1. Podedes mandar un correiño a aula_obradoiro@hotmail.com e estaremos encantad@s de mándarvos a folla de inscrición.
2. Podedes pasar por a Aula Pirata na que estaremos de 7:30 a 11:30 ou de 16:00 a 20:00, e estaremos encantad@s de dárvos unha folliñas de inscrición para que poidades cubrir.

Elexide a que mellor vos conveña, vémonos por aqui en breves, saudiños piratas!

CONCURSO MELLOR PERIODISTA INFANTI E XUVENIL

QUE NERVIOSSSSSSS!!!

Hoxe mandamos por fin os traballos dos nenos e nenas da AULA de CONCILIACIÓN, ao concurso levado a cabo por Xornal A VOZ DE GALICIA.

Un total de 24 nenos/as, de entre 3 e 11 anos, participaron e tiveron a oportunidade de xogar cos xornais, miralos, lelos, andar nos ordenadores, debuxar e deixar voar a súa imaxinación e ser, por un día, XORNALISTAS!!!!

Agora toca esperar e cruzaros dedos...Pero pase o que pase, esetes piratas son auténticos PERIODISTAS-AVENTUREIROS!





Primeiros días de abril

Despois dunha Semana Santa intensa, e dalguns días de descanso ben merecido, @s piratillas volven con forza e con fame!!!
Aí vós van unhas pouquiñas fotos d@s piratillas nestes días de abril (almorzando ou ultimando os artigos que imos enviar ao concurso da VOZ)