jueves, 31 de mayo de 2018

Festa fin de tarde


Familias, rematamos as tardes da Aula Concilia cunha gran festa na que estaba todo riquísimo, non vexades como os vosos/as piratiñas atacaban os pratos de chuches (por qué estarán tan requetedeliciosas).


Mirade que tarta máis molona nos trouxo unha mamá, non quedaron nin as faragullas.



Dende a Aula das tardes desexamos que pasedes un bo verán e os/as piratiñas da tarde vémonos o curso que ven.

viernes, 25 de mayo de 2018

A XOGAAR !!!

Familias xa falta pouco para que rematen as clases e cheguen as vacacións, e ainda que imos algo cansos, todavía nos quedan forzas para facer moitas cousas. 
Aquí vos amosamos o que os piratiñas fixeron esta semana! 



Montaron e crearon fermosos castelos, casiñas e coches de carreiras co lego




Animáronse xogando co Señor Potato, cos encaixables,e crearon animais fantásticos....



Encheron de cores os debuxos 



Xogaron a facer carreiras cos coches a imaxinar cidades e granxas






E no seu restaurante pirata, cociñaron para uns clientes moi distinguidos





Aproveitando o bo tempo xogamos o gran xogo  do Hechicero. Neste xogo @s nen@s da Aula convertéronse en cabaleiros, elfos, ananos, bruxas e hechiceros








E despois de tanto correr, cociñar e  colorear, relaxámonos con unhas sesións de cine moi divertidas






😊 


viernes, 18 de mayo de 2018

@s piratiñ@s esta semana fixemos....

esta semana estivemos moi activos....o sol e a primavera déronnos moitas forzas 💪

Así que primeiro, bailamos un pouquiño...




 e na ponte, @s piratiñ@s e as monitoras fumos de excursión. Xogamos un ratiño    no parque...



 e fixemos exercicio para medrar fortes e moi sáns...









 para descansar de tanta actividade, o noso piratiña Gabriel, contounos un conto....



 agora toca descansar, e volver o luns con forza a nosa 

                             AULA D´ABAIXO¡¡¡ 😤