lunes, 12 de marzo de 2018

Manualidades madrugadoras

Piratas Senior......

Atentas/os a estas super manualidades que fixemos nas mañás no martes cos peques.

A Árbore








 A Eiruga



O Ourizo cacheiro




 Os Paxaros (ou son galiñas?)


 (estes paxariños foron para decorar a aula e celebrar a próxima chegada da PRIMAVERA).

 Neste mural tamén participaron os maiores facendo esas preciosas flores colgantes e os nenos das tardes xuntando os círculos e debuxando neles.


Cos maiores tamén facemos OLLO!!!!Máis sempre esquecemos levar a cámara.Aínda asi algunha hai por aí!!!
As Tartarugas






As pulseiras da Paz
 



Caretas de animais
 



Tamén limos contiños. Que iso si que nos gusta. Un deles foi "Os petos de Loreto"


E o segundo do que temos fotos (porque últimamente andamos moi despistadas co das fotos....), chámase "A rúa da Tixola"







 

miércoles, 7 de marzo de 2018

Semana Santa 2018


ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á
“AULA CONCILIA,
SEMANA SANTA  2018”

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.

Prazo de entrega: do 12 ao 16 de marzo .

Publicación das listas de admitidos: 20 de marzo no blog da aula e no blog do concello.

Os usuari@s que xa utilizaron o servizo durante este curso escolar, só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:

1.    Ficha de inscrición debidamente cumprimentada. Pinchar aquí 
2.    Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
3.    Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
4.    Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
5.    Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
5.2.    No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
6.    Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
7.    Fotografía de carné d@ menor  (nen@s de 4º de infantil).


Tfno. de información 988 25 93 85

No Pereiro de Aguiar, 7 de marzo de 2018

O alcalde

Eliseo Fernández Gómez

jueves, 15 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Xa chegou don entroido á Aula coa festa e a algarabía, 
pedras de cores, música e troula.  
Boliñas de queixo, felos e filloas
que ben o pasamos piratas e monitoras!!!