jueves, 13 de octubre de 2016

Ponte 31 de outubro

AVISO
 “AULA CONCILIA” 
PONTE 31 DE OUTUBRO  2016
Os solicitantes que utilizan ou utilizaron o servizo durante este curso, e xa teñan entregada a documentación, soamente deberán inscribirse na “Aula concilia” entre o  14 e o 24  de outubro,na seguinte ficha de inscrición. 
Quen solicite o servizo por primeira vez este curso, presentará a solicitude no Rexistro das Oficinas Municipais nas datas sinaladas anteriormente  acompañada da seguinte documentación:
  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  2. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores, e vida laboral (ou xustificante/s de alta no INSS) de ambos.
2.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
3.    No caso de familias monoparentais: acreditación de familia           monoparental/sentencia de separación ou divorcio.
4.    Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
5.    Fotografía de carné d@ menor  (nen@s de 4º de infantil).

As solicitudes incompletas non serán tidas en conta.
Tfno. de información 988 25 93 85
No Pereiro de Aguiar, 13 de outubro de 2016.
O alcalde
Eliseo Fernández Gómez

martes, 11 de octubre de 2016

Entre castañas e cogumelos anda o xogo

Como as tardes están de verán en lugar de outono, pero xa caen os ourizos, os piratiñas saímos á busca de cogumelos e castañas. Atopamos cogumelos bos e malos, pero os/as vosos/as nenos/as son uns expertos distinguíndoos.

Estes son moi VELENOSOS!!!!!




 Temos boletus e cogumelos. Que ricos están con patacas!!!!



E como non, apañamos unha morea de castañas





Mirade o noso botín:

E como vos dixen que está de verán, subimos ao areeiro e ata nos descalzamos, que ben se estaba.





viernes, 7 de octubre de 2016

A tope coas mañás

 Saludos Piratas!!!!!! Dende o verán que non pasábamos por eiqui. Pero non nos esquecemos de vós, é só que andamos un pouco liados co novo curso.

Eiquí deixamos algunha fotiños das nosas mañás, nas que facemos un pouco de todo, pero o que máis nos gusta son os contos.

O conto do Coelliño Branco é xenial, ademáis de coñecer un monte de animais, aprendemos que por moi pequenos que sexamos, podemos superar casi calquera dos noso medo.



E, como de animais vai a cousa, outro dos contos que nos gosta moitísimo e que sempre triunfa é o de "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" . Encántanos os contos un pouquichiños escatolóxico, que se note que somos PIRATAS de verdade.