martes, 9 de agosto de 2016


UNHA MAÑA MÁXICA

O xoves día 4 acudimos a praza do concello para un espectáculo de máxia do Gran Mago Dani!!


Despois dunha longa camiñata chegamos ao espectáculo...




Os nosos piratas axudaron ao noso amigo o Gran Mago Dani en....


...trucos de aparición...

...trucos de adiviñación...



...e trucos de LUUUME....





Despois de tanta maxia fixemos un xogos de palabras



viernes, 5 de agosto de 2016

VOLVEN OS NOSOS AMIGOS G.E.S

Bos días familias! este luns os nosos amigos os GES do Pereiro de Aguiar volveron a visitarnos con máis ferramentas e historias...

Ensinaronnos a súa roupa especial...



Probámonos as súas máscaras e cascos...




E coñecemos as súas ferramentas de traballo




Tamén fixemos simulacros... que duro é ser GES!!





Ata as nosas monitoras o pasaron XENIAL!!!



RECORDADE cando haxa un problema sabedes a quen tedes que chamar non a Patrulla Canina senón ao 112!!!!!

 Despois da visita fixemos unha BATALLA DE CANCIÓNS....









Ata outra Familias!!


lunes, 1 de agosto de 2016

POÑÉMONOS AS PILAS!!

A semana pasada os piratiñas participamos na actividade "ponlle pilas ao teu bocata" da Consellería do Mar. Escoitamos consellos moi interesantes, participamos en xogos e nunha actividade de elaboración de bocatas coas cousiñas máis ricas do noso mar, ¡¡ñam ñam!! ¡¡qué rico estaba todo!!









E como remate da semana, tatachán!! tocou peli no cine de verán da Aula D'Abaixo.
" Como entrenar a tu dragón" sobre a amizade, a autoestima, o traballo en equipo... porque das pelis tamén podemos aprender