miércoles, 11 de diciembre de 2013

Chegou o inverno!!!



Chegou o inverno e chegou con forza e aos nosos piratas parece que lles encanta.




E non hai nada mellor para pasar o frio que unha boa aperta


jueves, 5 de diciembre de 2013

CONCILIA NADAL



Queridos pais e nais:

         O Programa Concilia infórmavos de que o prazo para inscribir @s nen@s PARA AS ACTIVIDADES DE NADAL (23,26,27,30 de Decembro e 2,3,7, 8 de Xaneiro) comezará o 2 de DECEMBRO.
A partir dese día, poderán entregar a inscrición, xunto coa documentación que se describe a continuación, na aula d’Abaixo.
·        A ficha de inscrición do NADAL 2013-14 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
·        Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.*(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2013-2014).

·        Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos Pais/nais. Os autónomos terán que cubrir unha declaración xurada do seu propio horario, esta folla pódena solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo)..*(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2013-2014).


Moitas grazas, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
5 DE DECEMBRO de 2013

lunes, 2 de diciembre de 2013

Día de contas

O venres adicamos a tarde a xogar cos números. primeiro no pizarra e despois estreando a nosa MATEMÁQUINA.



Este trebello resulta moi motivador para os pequeno e non tan pequenos para achegarse aos números e para aprender a sumar.
Se buscades por internet seguro que atopades moitos modelos diferentes. Nós fixemos este.... (con 4 caixas, algo de pintura, un pouco de velcro e imaxinación para decorar).
E mira que lles gustou botar os pompóms polos tubiños para contalos despois. Iso si, só un ratiño que contar cansa. Outro día, outro pouco!

E despois, para poñer en práctica todos eses número tivemos sesión de BINGO!