lunes, 21 de octubre de 2024

AVISO CONCILIA 31 DE OUTUBRO (DÍA NON LECTIVO)

 AVISO  

INSCRICIÓN   AULA CONCILIA

DIA NON LECTIVO  31 DE OUTUBRO

 

O Concello do Pereiro de Aguiar ten previsto seguir co Programa de Conciliación (Aula Concilia) o vindeiro día 31 dee outubro. Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as en idade escolar, entre 3 e 12 anos, necesiten compatibilizar os seus horarios laborais e familiares. As solicitudes poderanse presentar nas oficinas de rexistro do concello ou a través da sede electrónica.

 

Prazo de inscrición

 

do 21 ao 25 de outubro

Publicación das listas definitivas

 

28 de outubro

As listaxes serán  publicadas , na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com). 

Os usuari@s que xa utilizaron o servizo durante este curso escolar, DEBERÁN PRESENTAR UNICAMENTE A SOLICITUDE  POR REXISTRO NAS OFICINAS MUNICIPAIS OU POR SEDE ELECTRÓNICA.

Requisitos imprescindibles:

 

· Que os proxenitores se atopen en situación laboral de incompatibilidade horaria para o coidado dos seus fillos/as.

· Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar, ou que o /a neno/a estea matriculado/a no CEIP “Benchoshey”.

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

 

1. Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata)  Deberase cubrir unha solicitude por cada neno/a, o resto documentación común non necesita ir por duplicado.

2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante

3. Copia da tarxeta sanitaria de cada neno/a.

4. Certificado/s de empresa, dos dous proxenitores, no/s que figure o horario laboral (aceptaranse os que teñan unha antigüidade non superior ao mes de maio de 2024).

5. Declaración IRPF do ano 2023, de ambos proxenitores, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).

6. Vida laboral de ambos proxenitores, primeira páxina (corpos especiais: documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ).

a. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.

1. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

 

No caso de que quedaran prazas sen cubrir, de forma excepcional, poderían solicitar o servizo aquelas familias que tiveran necesidade de conciliación por motivos laborais esporádicos, de formación, ou por ter a cargo familiares dependentes, aportando a debida acreditación documental.