AVISO DÍAS NON LECTIVOS
 
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á
“AULA CONCILIA” 31 OUTUBRO e 3 NOVEMBRO
 
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais ou por Sede Electrónica.
Prazo de entrega: do 13 ao 22 Outubro
Publicación das listas de admitidos: 24 de Outubro no blog da aula https://piratasdaauladabaixo.blogspot.com/ e na páxina do concello https://pereiro.gal/es/ 
Os usuari@s que xa utilizan o servizo neste curso escolar,  deberán presentar unicamente folla de inscrición. 
 Os novos deberán presentar a seguinte documentación:
1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
2. Copia do DNI do/a pai/nai/tit@r solicitante.
3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral de ámbolos dous proxenitores.
5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
a.  Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
6.  No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
7. Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
 
Tfno. de información 988 25 93 85
 
No Pereiro de Aguiar, 13 de outubro de 2025
O Alcalde:
Luis Menor Pérez
