martes, 30 de enero de 2018

ENTROIDO 2018

AVISO
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á
“AULA CONCILIA”
 ENTROIDO  2018
Datas: 12 E 14 DE FEBREIRO
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
Prazo de entrega: do 30 ao 2 de febreiro
Publicación das listas de admitidos: 7 de febreiro, no blog da aula.
Os usuari@s que xa utilizan o servizo só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:
  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada. Pincha aquí
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
6.    No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  1. Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
  2. Fotografía de carné d@ menor  (nen@s de 4º de infantil).
Tfno. de información 988 25 93 85

No Pereiro de Aguiar, 30 xaneiro de 2018
O alcalde

Eliseo Fernández Gómez

lunes, 8 de enero de 2018

O Nadal pirata!!

Queridos amiguiños e amiguiñas. Este Nadal pasámolo moi ben así que fixádevos cantas cousas fixemos:
Unhas bolas para que a árbore de Nadal na nosa casa quede xenial!!!




E pensando no medio ambiente.......fixemos uns Reis Magos con materiais reciclados.



Pero antes de recibir aos Reis Magos, pasámolo en grande nas atraccións de Pazolandia: Autos de choque, hinchables, maquillaxe, que divertido!!!




Escoitamos un conto no que unha árbore era moi pequeniña e ninguén a quería pero.... como acabou o conto? houbo tantos finais como piratiñas na Aula hai.



Con xeso, tinta de cores, remexer, remexer e remexer, unhas bonitas tizas estivemos a facer
con ceras usadas de cores a cachón, fixemos unhas novas en moldes de bonbóns.


E despois de moito traballar, as nosas habilidades imos amosar, a imaxinación puxemos a funcionar, e saiunos un espectáculo para alucinar!!






Catro equipos e cooperación mola mogollón.
Se xogamos moi unidos todo o que desexemos conseguimos.