jueves, 26 de mayo de 2016

Revolución na Aula!!

Esta semana os piratiñas sacamos as mesas, refucimos as mangas e puxémonos mans á obra.... o resultado uns pitiños a punto de sair do cascarón ben simpáticos.






E polas mañás poñemos o abecedario do revés. Xogando a letras e máis letras, descubrimos que podemos formar  un montón de fermosas palabras  



E volvemos a bailar movendo o corpo...




viernes, 20 de mayo de 2016

madrugar tamén mola!

As e os piratas máis madrugadores veñen con moitas enerxias, por iso sempre se animan a facer xogos!!!

Aí vos van algúns dos que fixemos esta semana:






miércoles, 18 de mayo de 2016

Ponte das Letras

Todos os días son bos días para celebrar o Día das Letras Galegas, pero na aula pirata tivemos unha mañá enteira para facer un monte de cousas para coñecer un pouco máis a Manuel María.

Escoitamos poemas e debuxamos a nosa vaca.




E despois de ler poesía decidimos que Manuel María tamén se podía coñecer xogando e botando unhas carreiras.


lunes, 16 de mayo de 2016

Último día antes da SuperPonte

Que contentos e contentas se puxeron as piratas cando souberon da superponte....E asi de contentas, xogaron ao tuttifruti!!! Adiviñades quen gañou???Unha pista: As Capitanas-Monitas tamén xogamos!!


E pola tarde, bateria de xogos, pásamolo pipa! Pero aí, as Capitanas-Monitas non xogaron, pero animaron moito moito!!!



Veña piratas, disfrutade da Ponte, vémonos o mércores con máis novas do barco pirata!!!

miércoles, 11 de mayo de 2016

MAIO, O MES DAS FLORES!!!

Cantas cousiñas todas moi bonitiñas!!
 Reciclando reciclando....
convertemos os rollos de papel hixiénico en fermosas flores







Reciclando reciclando.....
fixemos collares con pasta e pulseiras con fíos





Reciclando reciclando.....
Os nosos pequenos grandes xardineiros pasárono en grande aprendendo a plantar flores e plantas!!
Vasiños reciclados en macetas, terriña, sementes variadas, e sobre todo moito cariño... cariño que lle puxeron os nosos piratiñas!!








lunes, 9 de mayo de 2016

Que ben o pasamos polas mañás

Sorpresa MAMÁS. Estivemos facendo unhas tarxetas para vos pero todos prometemos que non iamos decir nada. Chegouvos a todas no buzón?






Como nos gusta tanto tantar, fixemos un concurso de cancións e cada equipo sacou o Bisbal ou a Edurne que tiñan dentro. Se ata tiñamos xurado e unha presentadora.