miércoles, 17 de diciembre de 2014

O nadal ás portas!

Estas últimas semanas andivemos mooooooooi atarefadas e atarefados con isto de que chega o Nadal.

Xa que o mar anda algo bravío e non se pode navegar adicamos as mañás a: Recortar, pegar, colorear, mancharnos, rir, aprender algunha que outra panxoliña e pasar un rato agradable deixando a nosa aula requetebonita....

Todo isto para o final deixarvós unhas fotos e un vídeo desexándovos:






(mirade, mirade que hai máis...)



Co nos Reno Cabaliñodemar
 Ca nosa árbore de nadal 
 E as nosa bolas de nadal

E o mellor do mellor está pinchando eiquí

Un saúdo piratil!!!!!

jueves, 4 de diciembre de 2014

Actividade de mediación

O día 2 tivemos visita. uns chic@s de educación social viñeron a facer actividades cos nen@s!!!!

e como vedes, pasámolo en grande!!!!!!!








lunes, 1 de diciembre de 2014

E chegou o Nadal!!!

Piratas e piratos!!!!


Para quen lle interese queda aberto o prazo para inscribirse nas actividades da Aula D'Abaixo para este Nadal 2014-2015.

Podedes descargar a info e a folla de inscrición neste enlace. E senon, estaremos encantadérrimas deatendervós na aula ou vía mail!!!


Saúdos piratiles!!!




miércoles, 12 de noviembre de 2014

Educación para a saúde

A profe de artística realizou un video coa axuda dos nenos e nenas da aula. 
Aquí tedes o resultado.


martes, 4 de noviembre de 2014

O samain da aula D´abaixo!!!!

O vernes 31 celebramos o Samain na Aula, e viñeron unhas bruxas, uns esqueletos e uns asasinos que daban moito medooooo!!!!!!!





lunes, 27 de octubre de 2014

conta-contos pola mañá

Os vernes na aula rodeámonos dos mellores conta-contos do BenChoShey





lunes, 20 de octubre de 2014

MEMORIA VERÁN 2014

Se queredes saber todo o que fixemos no verán, non tedes máis que pinchar no enlace seguinte!!

MEMORIA VERÁN 2014

jueves, 16 de octubre de 2014

DÍA 31 DE OUTUBRO



Queridos pais e nais:

         O Programa Concilia infórmavos de que o prazo para inscribir @s nen@s PARA O DÍA 31 DE OUTUBRO comezará o 16 de OUTUBRO.
A partir dese día, poderán entregar a inscrición, xunto coa documentación que se describe a continuación, na aula d’Abaixo.
·        A ficha de inscrición do DÍA 31 DE OUTUBRO (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
·        Dous Certificados de empresa no que figure o horario laboral dos dous proxénitores.
2.1. Os Autónomos: Recibo do último mes de pago de autónomo.
2.2. Familias monoparentais: 1 certificado de empresa e a acreditación de familia monoparental / sentencia de separación de divorcio/parella de feito ou libro de familia onde figure un so proxenitor
·        Declaración xurada de estar empadroado, no concello, dalgún dos proxenitores ou do nen@ (ven incluida na ficha de inscrición) ou certificado de empadroamento para nenos de concellos limítrofes

*A documentación só a deberán entregar os neno/as que non a entregaron para o curso 2014/2015



Moitas grazas, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
16 DE OUTUBRO de 2014

viernes, 10 de octubre de 2014

xa chegou o outono a aula!!!

Que bonitisma están deixando os nosos piratas a aula con esta decoración de outono!!!!!! 
son todo uns artistas!






viernes, 3 de octubre de 2014

venres de contos!


por se queredes ver de que ía o conto ___ resumo
Hoxe pola mañán a nosa pitara Silvia contoulle un conto a tódolos nenos/as 






Mural de Outono

Os piratas xa empezaron a usar todo o material que recollimos o mércores polo monte, que sorte ter tan cerca tanta cousiña!!!!

E mirade que mural tan chuli fixemos....






jueves, 2 de octubre de 2014

Tarde de paseo!!!

Primeira tarde do curso!!!
Fumos de paseo para celebralo e recollimos un montón de cousas: piñas, landras, follas, paos, flores.....!