viernes, 28 de noviembre de 2025

AVISO NADAL 2025/2026

AVISO NADAL 2025/2026

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á AULA CONCILIA

 

           NADAL:  22, 23, 26, 29, 30 de decembro 2025

                                           2, 5, e 7 de xaneiro 2026

 

Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as cursando actualmente 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria (nados entre o 2014 e 2022).

 

Inscrición: Do 1 de decembro ata o día 12 de decembro, poderase realizar presencialmente ou a través da sede electrónica. Deberán presentar a solicitude e a documentación aquelas familias que non fixeran uso do servizo durante este curso escolar no CEIP Ben Cho Shey. O resto das familias só deberán presentar a folla de inscrición cuberta.  

Aviso de admitidos: 15 de decembro

 

Requisitos imprescindibles: 

·                     Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibilidade horaria para o coidado dos seus fillos/as.

·                     Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR (só para solicitudes novas)

 

1.            Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata)

2.            Copia do DNI do/a solicitante

3.            Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.

4.            Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.

5.            Declaración IRPF do ano 2024, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).

6.            Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.

1.            Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.

7.            No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.


lunes, 13 de octubre de 2025

“AULA CONCILIA” 31 OUTUBRO e 3 NOVEMBRO

                                   

                                                     AVISO DÍAS NON LECTIVOS

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á

“AULA CONCILIA” 31 OUTUBRO e 3 NOVEMBRO 

 

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais ou por Sede Electrónica.

Prazo de entrega: do 13 ao 22 Outubro

Publicación das listas de admitidos: 24 de Outubro no blog da aula https://piratasdaauladabaixo.blogspot.com/ e na páxina do concello https://pereiro.gal/es/

Os usuari@s que xa utilizan o servizo neste curso escolar,  deberán presentar unicamente folla de inscrición.

 Os novos deberán presentar a seguinte documentación:

1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.

2. Copia do DNI do/a pai/nai/tit@r solicitante.

3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.

4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral de ámbolos dous proxenitores.

5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.

a.  Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.

6.  No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

7. Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.

 

 

Tfno. de información 988 25 93 85

 

No Pereiro de Aguiar, 13 de outubro de 2025

 

O Alcalde:

 Luis Menor Pérez

lunes, 1 de septiembre de 2025

Admitid@s aula concilia 2025-2026

 Bo día!!

Temos problemas técnicos co correo da aula,  polo que nos vemos obligadas a informárvos mediante este medio de que todas a solicitudes da Aula Concilia para o curso 2025/2026 están admitidas. 

Aqueles solicitantes ós que lle falte algunha documentación, serán contactados polo Concello.

Rogamos entreguedes todo o antes posible.


Grazas e disculpade as molestias ocasionadas.