lunes, 29 de noviembre de 2021

AVISO NADAL 2021/2022

 

          PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á AULA CONCILIA

                               NADAL 2021/2022 (días 22, 23, 27, 28, 29, 30, 3, 4, 5, 7)

Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as cursando actualmente 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria (nados entre o 2010 e 2018).

 

Inscrición: Do 29 de novembro ata o día 10 de decembro, poderase realizar presencialmente ou a través da sede electrónica. Só deberán presentar a solicitude aquelas familias que non fagan uso do servizo durante o curso escolar no CEIP Ben Cho Shei. O resto das familias chegará con avisar na Aula Concilia para anotar @s nen@s.

 

Publicación das listas de admitidos: 15 de decembro, no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).

Requisitos imprescindibles:

 

  • Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade horaria para o coidado dos seus fillos/as.
  • Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR (só para solicitudes novas)

 

  1. Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata)
  2. Copia do DNI do/a solicitante
  3. Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Declaración IRPF do ano 2020, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
  6. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
    1. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  1. Declaración responsable con respecto ao Covid-19.
  2. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

Debido a actual situación, relacionada co Covid-19, o número de prazas será limitado, seguindo as medidas de seguridade impostas pola Adminstración.

viernes, 19 de noviembre de 2021

SEMANAS DO 8 AO 20 DE NOVEMBRO

 Boas familias...

Chegou o Magosto a aula d´Abaixo!! E como é unha das nosas festas favoritas, decidimos celebrala por todo o alto 😉

Para empezar decoramos entre todxs as paredes da aula coas castañas que fixemos a semana anterior...




Despóis colgámolas, e así quedou de bonitiña a nosa ambientación.



Coa aula decorada, e para festexar o magosto, precisabamos unhas bolsiñas onde gardar as castañas o gran día, así que puxémonos mans á obra!

Dobramos, recortamos, pintamos...







E voilá! Listas as nosas bolsas, ben grandiñas para que entren moitas castañas 😊








E con todo listo chegou o gran día. Marchamos ao monte, collimos paus preparamos o lume e asamos as castañas!😉  

                                       



Que gran festa!!!
🎉🥳

Mentras estabamos liados con tanto preparativo, tivemos a sorte de asistir a unha preciooosa exposición preparada con moito mimo pola ANPA do cole. Todos os nenos e nenas amosaron cos seus debuxos que aquí hai BO TRATO!



                             






Tamén vos traemos o anticipo dunha gran sorpresa que estamos a argallar entre moita xente. Polo de agora non vos podemos contar moito máis, pero estade atentos, que pronto saberedes de que se trata!

A sorpresa dos máis peques...





A dos medianos...











E a dos grandes!

                          

                           

Pronto descubriremos de que se trata... mentras mirade o ben que o pasan estes peques polas mañás 😃 

Con cine,

                              


Aprendendo origami...



Mirade que artistas temos na aula!!!😍

Xogando ao asesino,


Bola de lume,


Lendo tebeos,


E divertidísimos xogos de mesa!


Con tanta diversión pasan voando as semanas, así que non vos despistedes, en breve vos contaremos máis cousiñas das que estamos a cociñar na Aula Pirata.

Ata pronto Familias!!









viernes, 5 de noviembre de 2021

Semanas do 25 ao 5 de novembro

A semana pasada foi Samaín e nos como temos tantas ganas de festa fixemos moitos adornos para que a Aula se vise terrorífica. 

O señor Drácula estaba moi ocupado en Transilvania e non pudo vir, así que fixemos os seus curmáns morcegos para colgar do teito.





Os gatos negros tamén asustan bastante, así que estes piratiñas decidiron decorar a aula cuns Gatiños que tiñan que atrapar ós ratos.Tranquilos, que non se cometeu ningún asasinato, os ratiños están sanos e salvos.









Nun día de Samaín que se precie non pode faltar unha boa bruxa, así que mans á obra, pintamos unhas oveiras de verde, con ollos moi escuros e uns pelos despeluxados. Daban un pouco de mediño, verdade??













Ademáis do Samaín, estamos na época do outono, e o máis tradicional destas datas son as castañas. Así que decidimos facer lume e asar unhas poucas, CAAALMA  non vos alarmedes que ningún piratiña saiu chamuscado. 
Xa veredes o resultado final para as seguintes semanas. 








A estes nen@s encántalle limpar, así que como pisaron a colchoneta sen querer, decidiron que tiñan que limpala e desinfectala para que quedara relucente. Xa sabedes, se necesitades limpar cristais ou pasar a mopa contratade a estes expertos.



Ata aquí as noticias dende a Aula, seguide atentos a próxima publicación e pasade moi bo magosto.

💚 💛 💚 💛