viernes, 30 de abril de 2021

Semana do 26 ao 30 de abril.


 Boas, familias!!!!!

    Estamos a rematar o mes de Abril e, como ben di o dito, "En Abril, augas mil". Tivemos algúns días pasadiños por auga pero esto non nos impediu divertirnos e aproveitamos ben as ocacións nas que saiu o solcete.

    E como algún día nos atopamos con todo mollado pola choiva, alá nos montamos un circuito para os máis peques. Temos que decir que están feitos uns campeóns na arte dos saltos, do equilibrio e do enceste 😉


  







    Os maiores adicaron a sesión á danza e ao cante. Non teñen nadiña que envidiar aos bailaríns profesionais. 





Como non todo vai a ser actividade física, os peques tamén lle adicaron tempo a loitar nunha épica balla batalla naval.
Tocado e afundido 🚢🚤🚢🚤


 As mañán tamén se prestan para moitos outros xogos. Aquí tendes aos rapaces e rapazas xogando ao TABÚ, o DEBUXO NAS COSTAS e ao REVOLTO DE PALABRAS.






     E con tanta actividade que teñen habitualmente, decidimos adicar unha sesión intensiva de ioga-conto. Dende os máis cativos ata os máis maiores deron a talla na actividade. 


                  

    Como xa vos contamos, pese a un comezo de semana chuvioso. as tardes comezaron a ser idóneas para as saídas, así que collemos as gorras e marchamos a chaira a buscar ramiñas, follas, carozos... para protexer a uns oviños cos que fixemos un  experimento; tiralos ao chan sen que se rompesen. 




   

 


    E como non podía ser doutra forma... proba superada e con nota!!!!! Os ovos quedaron intactos tras petar co chan. Non tiveron tanta sorte unha vez que lle quitamos a protección, pois os cativos e cativas esnaquizaron todos e comprobamos que sí se podían escachar cunha boa caída ou golpe. 

E por fin rematamos esta semana tan axetreada.....


    Na mañá animámonos cun contacontos: "A VIAXE DAS BOLBORETAS". 


Primeiro fixémoslle o magnífico decorado para escenificar o conto. Quedoulles precioso. 

E finalmente, os máis cativos e cativas disfrutaron da historia do vermiño que, tras unha longa viaxe e moitos sustos con outros animaliños, transformouse nunha fermosa bolboreta.


  



 E xa na tarde, voltamos a sacar a vena artísticq e puxémonos en acción cun xogo de movemento: "O baile do vampiro". 

     Finalmente, e tras tanta actividade, caemos rendidos, pois tievemos unha longa semana de cole e Aula. Así que lle adicamos un tempiño a facer algo de "relax" co xogo da pesca, lectura, pintura con xiz ou xogo con carretilla, pas e cubos.

 

 

       Agardamos que teñades unha fin de semana estupenda e voltaremos con máis novas a próxima semana.  




viernes, 23 de abril de 2021

semana do 19 o 23

Boas tardes!!!! 

Como estades tod@s neste último día antes da fin de semana??

Pois como sabemos que estades moi impacientes de que cheguen os venres para ver o que @s nos@s piratiñas fixeron, vamos a deixarnos de rollos e comezamos coas fotos e coas actividades!!!

Hoxe é o día do libro e por eso esta semana todas as actividades xiraron en torno a contos e ata libros de receitas 😋😋😋 !!!

Comezamos co conto " Cancodrilo vai ó cole"  e para que non se esquecera do que tiña que levar, nós axudámoslle facendo un debuxo coas cousiñas que levamos ó cole.




Tamén fixemos o seu amiguiño o... OURIZO PICÓN pero tranquis que non picaba tanto como parece jajaja



Os maiores leron unha morea de contos e de poesias mirade mirade!!!





E despois de tanta lectura, tocaba a merenda, pero para non perdernos de páxina mentres merendábamos e falábamos c@s nos@s compañeir@s, fixemos uns marcapáxinas moi orixinais e únicos porque están feitos por nós jajaja







E como vos dixemos antes.... fixemos COCIÑA!! eso si.. temos que dicir que tomamos todas as medidas de hixiene que pode haber no mundo mundial e @s nen@s que podedes ver nas fotos que están máis xuntos é porque son irmáns!!! 
Levaron tod@s unha cea moi rica para a casa!!! Gustouvos??






Despois de tanto cociñar, de tanto ler e de tanto marcapáxinas o que fixemos foi... BAILAR!!!!!



E sacar de paseo ós animaliños que tamén tiñan ganas de ver un pouco a luz do sol e de xogar c@s piratiñas!!!




Pero hai días que os astros se alinean e de súpeto todos os mini piratas queren pintar os mesmos debuxos.... sónavos Chase, Rabel, Skye, Everest..... pois siii XA ESTÁN AQUÍ!!!!


Ademáis de esta patrulla, tivemos a visita de... "365 PINGÜINOS" mirade que bonitiños son!!!





Os máis madrugadores hoxe ademáis de xogar a unha morea de divertidos xogos, fixeron unha ROSA para regalar xunto co seu libro preferido e lemos o conto de "EL RATONCITO PÉREZ", temos que decirvos que logo estivemos buscándoo por todo o cole pero non demos con él... 🐭




Xa o sabemos...esta semana foron moitas as aventuras novas que @s nen@s se imaxinaron nas súas cabeciñas a través dos contos, pero si hai algo que lles encanta é lerllos eles @s seus compañeir@s!!!


E para rematar o día e a semana do libro... representamos a obra...
 "A VODA DOS RATOS" 
Temos uns auténticos actores na nosa aula!!! 
Que suba o telón!!!!!!!





Boa fin de semana para tod@s!!!!!
Moitas apertas virtuais